luns, 28 de marzo de 2016

Intensivo de abril

Para ir quentando motores de cara ao verán propoñemos un taller intensivo de Pintura sobre Tecido:para preparar o noso bolso de tea cun debuxo personalizado.
Levarémolo a cabo o sábado dia 16 de 17:00 a 20:00h, non é necesario ter coñecementos previos e xa podedes reservar a vosa praza.
Como en tódolos nosos intensivos, poñemos todo o material necesario para a actividade e unha pequena merenda, porque o mellor xeito de aprender é en boa compaña. 


FOTOGRAFÍA DIXITAL EN 4 SESIÓNS

  INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DIXITAL!! Novo obradoiro en 4 sesións: Coñece a túa cámara - Profundidade de campo - Obturación e sensibilidade - ...