mércores, 28 de xaneiro de 2015

MiniEntroido en Mil Cores: Aulas creativas 4 a 12 anos


Aulas creativas Entroido: dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Durante os días de Entroido levaremos a cabo diferentes actividades creativas para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.

As aulas creativas terán lugar o Luns 16, Martes 17 e Mércores 18 de Febreiro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Con todo o material incluido e prazas limitadas por orde de inscrición.

Levaremos a cabo, entre outras cousas, xogos de cohesión grupal e cooperativos, taller de máscaras de entroido, contacontos do entroido en Galicia, creación de persoaxes e representación de historias cós títeres realizados, faremos xoguetes con material de refugallo que funcionan, taller de fotografía, autorretratos Pop Art, taller de modelado e pintura, maquillaxe facial e xogos musicais.

Por 20€ cada dia, con todo o material incluido.
Reserva xa a praza do teu pícaro/a!
 


luns, 26 de xaneiro de 2015

Intensivos Febreiro en Mil Cores

Ide organizando Febreiro, porque como xa vos anunciaramos en Mil Cores vimos cargados: ademáis dos obradoiro continuados este próximo mes traemos 3 Intensivos!
-Sábado 7 de Febreiro de 17:00 a 20:00h: agasallo de San Valentín, realizaremos un album de recordos e fotos en forma de caixiña de lembranzas. Anótate antes do venres 06!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 25€ (material incluido)

-Sábado 14 de Febreiro de 17:00 a 20:00h: obradoiro de máscaras de entroido para os máis peques da casa (de 4 a 12 anos) con festa incluida. Levarán a cabo as súas propias mascaras e despois teremos festa de entroido con maquillaxe facial.Anótate antes do venres 13!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)

-Sábado 21 de 16:30 a 20:30: obradoiro de guión de audiovisuais. Os contidos a tratar son:
-Creación de persoaxes
-Tratamento
-Sinopse
-Guión literario
-Guión técnico
-Estilos
Anótate antes do venres 20!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)


xoves, 22 de xaneiro de 2015

Horarios orientativos

Lembrade que a partir de 4 persoas abrimos novos grupos e horarios, consultédenos o que necesitedes e tentaremos realizalo.

Se preferides que levemos os nosos talleres ao voso domicilio, asociación, colexio.... poñédevos en contacto para ver programacións, horarios e prezos.

luns, 19 de xaneiro de 2015

Intensivos para o mes de Febreiro

O mes de Febreiro ven cargado de Intensivos:
-07 de Febreiro Taller de manualidades de San Valentín, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un obradoiro onde realizaremos un agasallo para o noso Valentín, non hai mellor regalo que o feito coas nosas mans e con todo o amor.
Diferentes modelos para elexir.
Anótate antes do venres 06!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 25€ (material incluido)


-14 de Febreiro Taller infantil de máscaras de entroido e festa, de 17:00 a 20:00h
Levaremos a cabo un obradoiro onde os máis pequenos da casa realizarán as súas propias máscaras de entroido personalizadas, además levaremos a cabo xogos, bailes e maquillaxe facial para celebrar estas festas, con merenda incluida.
Diferentes motivos para elexir.
Anótate antes do venres 13!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)

-21 de Febreiro Taller de Guión audiovisual, de 16:30 a 20:30h
Levaremos a cabo un obradoiro onde coñeceremos as bases para crear un guión audiovisual. Os contidos a tratar son:
-Creación de persoaxes
-Tratamento
-Sinopse
-Guión literario
-Guión técnico
-Estilos
Anótate antes do venres 20!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)

Seguiremos informando, estade atentos/as!

mércores, 14 de xaneiro de 2015

Novos Obradoiros nocturnos

Para os que tedes pouco tempo ou sodes nocturnos, estamos preparando un Obradoiro Continuado de Pintura Artística a Traballos Manuais os Martes ás 20:30h que queremos comezar en Febreiro, se vos interesa poñédevos en contacto para reservala vosa praza.

(Con posibilidade de que se leve a cabo outro día da semán na mesma hora, se o martes non vos vai ben: infórmádevos!)


Obra: Mugardos, porta ao océano (Vanessa Somoza).


Ademáis non esquenzades que estamos a formar novos grupos dos obradoiros:
Taller Literario, Restauración do Moble, Fotografía Dixital, Iniciación á Informática e Audiovisuais (taller de curtas, video clips, documentais...), só tedes que poñervos en contacto con nós para ver que horario preferides. Non fai falla ter coñecementos previos da materia!

Moble restaurado por Raquel Villalba no Obradoiro Continuado de Restauración do Moble 2014


No resto de talleres temos prazas libres así que só tedes que contactarnos. (Tel. 622618535)


Ronda das Fontiñas 176:
-Martes de 20:30 a 22:00h
-Mércores, Xoves e Venres de 17:00 a 20:00
-Venres e Sábado de 11:30 a 13:00h

mércores, 7 de xaneiro de 2015

Sábado 17 intensivo de Pintura sobre Tecido


Sábado 17 de Xaneiro taller de pintura en tea, de 17:00 a 20:00h

Levaremos a cabo un obradoiro onde coñeceremos varias técnicas de pintura sobre tecidos como o estarcido ou pintura a man sobre tea e realizaremos un bolso de tea pintado a man (que resistirá os lavados). 

Se o prefires podes traer a túa propia prenda de roupa para decorala, recorda que debe ser tecido de algodón e que a debes traer lavada sen suavizante.
Teremos diferentes modelos para elexir.

Non é necesario ter ningún coñecemento previo.

Anótate antes do venres 16!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (materiais incluidos)

martes, 6 de xaneiro de 2015

Pintura en tea


Estos son só algúns exemplos do que se pode facer pintando sobre tecido: transformar esa camiseta lisa nunha prenda exclusiva é posibel e moi sinxelo ou mesmo personalizar o teu bolso de tea, poderás descubrilo no noso Obradoiro Intensivo deste mes, o sábado día 17 de Xaneiro de 17:00 a 20:00h.

Seguiremos informando...

sábado, 3 de xaneiro de 2015

Novos grupos a partires deste mes


Neste mes de Xaneiro estamos preparando novos grupos de Restauración do Moble, Fotografía Dixital, Iniciación á Informática, Taller Literario e Taller de Curtametraxes, ponte en contacto con nos para ver que horario prefires: formaremos os grupos según a vosa disponibilidade.

Tel. 622 618 535



e-mail: milcoreslugo@gmail.com

(Mobles restaurados no Obradoiro Continuado de Restauración do Moble 2014)








venres, 2 de xaneiro de 2015

Esto é Mil Cores






Regala Mil Cores



A partires de Xaneiro teremos novos grupos de Taller Literario, Restauración do Moble, Fotografía Dixital, Iniciación á Informática e Taller de Curtametraxe: unha oferta que non poderás resistir. Infórmate sen compromiso e xa sabes que este ano podes regalar os nosos obradoiros a quen máis queiras.


Regala unha paréntese na rutina diaria.



Infórmate no 622 618 535

Por un 2015 cheo de cor! Feliz 2015!


Mil Cores, 10 anos convosco!