venres, 23 de agosto de 2019

Inauguración e celebración sexto aniversario



Este 02 de setembro ás 20:00h queremos convidarvos a tod@as a que vos acheguedes a Fontiñas 146, pois imos celebrar unha doble festa: o sexto aniversario de Mil Cores creando, aprendendo e divertíndonos e a inauguraremos do noso novo local cunha exposición de Vanessa Somoza (unha das nosas mestras), a música en directo de Los Mustélidos, comida e bebida como ben sabemos facer en Lugo.

Imos recargar as pilas para comezar o martes 03 con todas as nosas actividades! Non faltedes!

xoves, 22 de agosto de 2019

Promocións para o vindeiro curso 2019/2020



Este vindeiro curso cumplimos 6 anos de creatividade, arte e agarimo e por iso queremos premiar a vosa confianza, por elo vos ofrecemos estas promocións:

-Para quen decida comezar con nós ao matricularse en setembro disfrutará dos mes de setembro e de outubro ao prezo dun (outubro de balde).

-Para quen renove a súa confianza en nós, poderá disfrutar dun taller intensivo dos que desenrolamos ao longo do curso 2019/2020 da súa elección.

Xa podedes inscribirvos no 622618535 ou en milcoreslugo@gmail.com. Comezamos o 3 de setembro.

Grupos dispoñibles: (flexibilidade horaria)
-Debuxo, pintura e manualidades adultos:
Luns de 20:30 a 22:30h
Martes de 16:00 a 18:00h
Mércores de 18:00 a 20:00h
Xoves de 18:00 a 20:00h

-Debuxo, pintura e manualidades peques (dende 3 anos):
Mércores de 16:30 a 18:00h
Mércores de 18:15 a 19:45h
Venres de 16:30 a 18:00h
Sábados de 11:30 a 13:00h

Custe mensual (un día á semana): 30€
Descontos para irmáns e se te anotas máis dun dia á semana ou a varios talleres.

En breve vos anunciaremos más sorpresas... Estade atent@s.

domingo, 11 de agosto de 2019

Algunhas obras dos nosos artistas.

Aquí vos deixamos algunhas das obras realizadas polos adultos nos talleres continuados de pintura artística, agardamos que vos gusten e que vos animedes a apuntarvos para o vindeiro mes de setembro.




Mil Cores, 10 anos convosco!