luns, 9 de febreiro de 2015

Febreiro en Mil Cores: Obradoiros puntuais

Aulas creativas Entroido: dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Durante os días de Entroido levaremos a cabo diferentes actividades creativas para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.
As aulas creativas terán lugar o Luns 16, Martes 17 e Mércores 18 de Febreiro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4a 12 anos. Con todo o material incluido e prazas limitadas por orde de inscrición.
Levaremos a cabo, entre outras cousas, xogos de cohesión grupal e cooperativos, taller de máscaras de entroido, contacontos do entroido en Galicia, creación de persoaxes e representación de historias cós títeres realizados, faremos xoguetes con material de refugallo que funcionan, taller de fotografía, autorretratos Pop Art, taller de modelado e pintura, maquillaxe facial e xogos musicais.
Por 20€ cada dia, con todo o material incluido.
Reserva xa a praza do teu pícaro/a!


Sábado 14 de Febreiro de 17:00 a 20:00h: obradoiro de máscaras de entroido para os máis peques da casa (de 4 a 12 anos) con festa incluida. Levarán a cabo as súas propias mascaras e despois teremos festa de entroido con maquillaxe facial.Anótate antes do venres 13!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)



-Sábado 21 de 16:30 a 20:30: obradoiro de guión de audiovisuais. Os contidos a tratar son:
-Creación de persoaxes
-Tratamento
-Sinopse
-Guión literario
-Guión técnico
-Estilos
Anótate antes do venres 20!! Prazas limitadas por orde de inscrición.
Prezo: 30€ (material incluido)

Mil Cores, 10 anos convosco!