luns, 18 de maio de 2020

Volta as actividades na Fase II


Preparando a reapertura!!

MEDIDAS COVID-19. FASE II
Para poder disfrutar con tranquilidade e a maior seguridade:
- Utilización de mascarillas ou pantalla protectora facial dos asistentes e do persoal.
- Utilización de xel hidroalcohólico ao entrar no local e cada vez que se necesite unha vez dentro.
- Grupos reducidos gardando a separación recomendada e as indicación do 30% de aforo.
- Ventilación e desinfección periódica e entre cada grupo.
- Non utilizaremos guantes priorizando o lavado de mans (seguindo as recomendacións sanitarias e tentando reducir a contaminación no medio ambiente).
- Utensilios de uso persoal para os asistentes.

Ademais, este ano as actividades prolongaranse todo o verán, para tentar facilitar a conciliación familiar e ofrecer un tempo de ocio diferente, sumando unha programación específica nos meses de Xullo e Agosto.

Lémbramos que as clases presenciais se retomarían o luns día 25, si se aproba que a nosa comunidade pase á Fase 2.

Moitas grazas pola vosa confianza, entre todos imos ir adaptándonos a nova situación para superala.


Mil Cores, 10 anos convosco!