mércores, 26 de agosto de 2015

Aulas Creativas Setembro 2015

Durante todo o verán levaremos a cabo diferentes actividades creativas e xogos ao aire libre para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.

As aulas creativas terán lugar dende o luns 22 de Xuño até o xoves 10 de Setembro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 

O obxectivo é que os nenos e nenas o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa. Podéranse anotar por horas, días soltos ou semanas compretas.

Aberto prazo de inscrición. Prazas limitadas por orde de inscrición. Para unha correcta organización dos grupos é necesaria a inscrición previa o venres antes da semana que queras traer ao teu peque.

Prezos:
Por hora: 8€/hora
Por días soltos: 20€/ día
Por semanas: 50€/semana
Tódolos materiais incluidos.




Mil Cores, 10 anos convosco!