luns, 27 de xullo de 2015

Aulas Creativas Verán 2015

Durante todo o verán levaremos a cabo diferentes actividades creativas e xogos ao aire libre para nenos e nenas, na busca da conciliación familiar e o fomento da creatividade dos máis meniños da casa, dun xeito divertido e adaptado a cada idade de man de monitores especializados.

As aulas creativas terán lugar dende o luns 22 de Xuño até o xoves 10 de Setembro, en horario de 9:00 a 14:00h; están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 

O obxectivo é que os nenos e nenas o pasen ben, aumenten a súa autonomía persoal, a psicomotricidade e interactuación entre eles e fomentar a súa faceta máis creativa. Podéranse anotar por horas, días soltos ou semanas compretas.

Aberto prazo de inscrición. Prazas limitadas por orde de inscrición.


Campamento Creativo de verán

  Campamento creativo de verán. Dende os 5 anos.