mércores, 26 de abril de 2017
Taller curto de Maio: Arranxos de costura en 4 sesións
Farta de tirar a roupa que non te sirve, cansado de ter caixas de roupa que precisan pequenos arranxos pero que non sabes como levalos a cabo?
No taller en 4 sesións de Arranxos de Costura descubrirás e aprenderás a realizar eses pequenos arranxos que farán a túa vida máis cómoda e te permitirán seguir aproveitando a túa roupa por máis tempo.
Arranxar baixos, poñer pinzas, cambiar cremalleiras ou cinturillas xa non serán un problema para ti.
insrcición até o sábado 06 de Maio pola noite no 622618535 ou no mail: milcoreslugo@gmail.com
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
Intensivo de Maio: pintura en tecido
Que mellor forma de prepararnos para o verán que preparando as nosas camisetas ou bolsos de tea cun colorido deseño feito a man?
Neste intensivo coñecerás a técnica de pintura manual sobre tecido con pinturas que resisten aos lavados e ademáis levaraste para casa a túa prenda totalmente personalizada.
Reserva de praza até o xoves día 11 no 622618535 ou no mail milcoreslugo@gmail.com
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
martes, 28 de marzo de 2017
Intensivo de encadernación belga
Coñecedes a encadernación artesanal belga? Pois o sábado 22 de abril pola tarde non só poderedes coñecela, senón que tamén a levaredes a cabo e iredes para casa cunha magnífica libreta encadernada coas vosas mans con este precioso cosido.
O taller intensivo levarase a cabo o sábado 22, de 17:00 a 20:00h, con tódolos materiais e merenda incluida. Custe: 25€.
Levarase a cabo cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 10 e é necesaria a inscrición previa no 622618535 ou enviando un mail a milcoreslugo@gmail.com, antes do xoves día 20.
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
Campamento artístico infantil en Semana Santa.
Acércase Semana Santa e como non podía ser doutro xeito en Mil Cores abrimos as portas todas as mañás para os máis meniños da casa.
Campamento artístico, de 4 a 12 anos; luns, martes e mércores de Semana Santa, para que os peques creen e aprendan divertíndose e para facilitar a conciliación familiar.
De 9:30 a 13:30h con tódolos materiais incluidos, custe: 50€ os tres días ou 20€ cada día solto.
Faremos un sinfin de manualidades, pinturas e debuxos; xogaremos e bailaremos e, sobre todo imaxinaremos e reiremos.
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
luns, 13 de febreiro de 2017
Entroido en Mil Cores
Este Entroido voltamos coas Aulas Creativas, para axudar na conciliación familiar, para que os peques creen e se divirtan.
Para nenos e nenas de 4 a 12 anos, levaremos a cabo a elaboración de máscaras, maquillaxe facial de Entroido e moitas actividades creativas e xogos cooperativos.
Luns, martes e mércores de Entroido de 10 a 13:30h, por 20€ o día.
Reserva de prazas dende xa no 622618535 ou cun mail a milcoreslugo@gmail.com
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
sábado, 11 de febreiro de 2017
Belly painting
Belly painting, a arte de debuxar a
barriguita das futuras mamás chega a Lugo, é unha maneira de celebrar o
embarazo e gardar un precioso recordo para compartir co resto da familia.
Consiste en pintar o
abdome da embarazada con pinturas naturais e antialérxicas que desaparecen
simplemente con auga. Non é permanente nin daniño. Posteriormente, na mesma
sesión realízanse fotografías que perpetúan o momento.
A sesión adoita durar entre 1 e 2 horas.
A futura nai pode elixir entre varios deseños ou achegar o debuxo que desexa
que sexa reproducido.
O efecto é moi positivo e relaxante para
a nai e parece ser que o toque suave cos pinceis exerce un efecto agradable e
tranquilizante tamén no bebe.
O mellor momento para levalo a
cabo é entre as semanas 30 e 34.
Unha vez realizado o debuxo realízase
unha sesión fotográfica que servirá para mostrar a felicidade do
embarazo ao fillo que vai chegar ademais dun precioso recordo para toda a
familia. A sesión pode ser individual, en parella ou colectiva.
Ademáis, o belly painting é un
xeito de conectar co bebé que vai nacer, focalizando unha actividade positiva e
creativa no ventre da nai.
Sesión de maquillaxe, belly painting.
Sesión fotográfica con disparos ilimitados
10 imaxes retocadas en alta resolución
1 foto ampliada en tamaño A3 enmarcada
Dende 100€, consúltanos sen compromiso.
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
martes, 31 de xaneiro de 2017
Tapicería e restauración do moble
-Tapicería e restauración do moble:
Comezará o Luns 06 de Febreiro de 18:00 a 20:00h. Levarase a cabo durante 8 semáns tódolos Luns de 18:00 a 20:00h
Inscricións até este venres día 03 de febreiro.
Se queredes modernizar os vosos mobles vellos, non o dubidedes en Mil Cores faredes auténticas obras de arte.
Non é necesario ter coñecementos previos.
Custo: 60€ por 4 sesións ou 100€ por 8 sesións.
Grupos reducidos: máximo 6 persoas.
Se non podedes vir nese horario pero queredes levar a cabo este taller poñédevos en contacto con nós.
Inscricións até este venres día 03 de febreiro.
Se queredes modernizar os vosos mobles vellos, non o dubidedes en Mil Cores faredes auténticas obras de arte.
Non é necesario ter coñecementos previos.
Custo: 60€ por 4 sesións ou 100€ por 8 sesións.
Grupos reducidos: máximo 6 persoas.
Se non podedes vir nese horario pero queredes levar a cabo este taller poñédevos en contacto con nós.
Se vos interesa só tedes que respostar a este mail ou chamar ao 622618535.
Aprende a usar a túa máquina de coser en 4 sesións
-Aprende a usar a túa máquina de coser en 4 sesións:
Comenzará o mércores dia 15 de 19:00 a 20:30h e levarase a cabo até o día 08 de marzal.
Aprenderemos os segredos da máquina: enfilar, cambiar as bobinas, diferentes tipos de puntadas, facer ojales... Ademáis de aprender a coser correctamente.
Custe: 60€ todo o taller
Inscricións até o venres 10 de febreiro
Grupos reducidos, máximo 8 persoas
Se vos interesa só tedes que respostar a este mail ou chamar ao 622618535.
domingo, 15 de xaneiro de 2017
Medrando en Cores para peques de 2 a 4 anos e Tapicería e Restauración do moble en 8 sesións
Novos talleres en mil Cores, a partires de Febreiro: Medrando en Cores para peques de 2 a 4 anos
e Tapicería e Restauración do moble en 8 sesións
Comezamos o día 02 de Febreiro o noso Taller continuado Medrando en Cores, dirixido
a nenos e nenas de entre 2 e 4 anos
levarase a cabo tódolos xoves de 16:30 a 17:30 até Xullo.
Porque pintar, debuxar ou modelar son actividades imprescindibles para o
desenrolo da percepción, a motricidade fina ou a interacción social. A través
da arte aprenden a explorar o medio que os redea, a plasmar sentimentos e
sensacións e adquiren conciencia de sí mesmos e dos demáis á vez que potencian
a autoestima e a creatividade.
Custo: 30€ ao mes
Grupos reducidos de
máximo 8 peques con dous monitores.
Inscricións no 622618535 ou cunha mensaxe privada.
Taller de Tapicería e restauración do moble: comezará o Luns 06 de Febreiro
de 18:00 a 20:00h.
Se queredes modernizar os vosos mobles
vellos, non o dubidedes en Mil Cores faredes auténticas obras de arte.
Non é necesario ter coñecementos
previos, inscricións no 622618535 ou cunha mensaxe privada.
Levarase a cabo durante 8 semáns tódolos Luns de 18:00 a 20:00h
Custo: 60€ por 4 sesións ou 100€ por 8 sesións.
Grupos reducidos: máximo 6 persoas.
.
Se non podedes vir nese horario pero queredes levar a cabo este taller poñédevos en contacto con nós.
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
domingo, 8 de xaneiro de 2017
Talleres curtos de Xaneiro
ARRANXOS DE COSTURA EN 4 SESIÓNS
Este xoves día 12 ás 18:00h
comenzamos o noso Obradoiro en 4 sesións de Arranxos de Costura: porque antes
de desechar e mercar roupa nova, podemos arranxar e modernizar a que xa temos.
Aprenderemos a subir baixos, acortar mangas, poñer cremalleiras e pinzas e
anchear ou encoller cinturillas.
Prazo de inscrición ampliado até o martes ás 20:00h
Prazo de inscrición ampliado até o martes ás 20:00h
Custe de todo o curso: 60€
Chamade ao 622618535 ou enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com!
Chamade ao 622618535 ou enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com!
FOTOGRAFÍA DIXITAL EN 5 SESIÓNS
O Luns 16 de xaneiro ás 20:30h
comezamos o noso Taller en 5 sesións de Fotografía Dixital: coñeceremos as
nosas cámaras e veremos os segredos para sacarllelo máximo proveito:
profundidade de campo, obturación e sensibilidade, encadre e composición e diferentes
técnicas fotográficas.
Todo alternando teoría e práctica: porque practicar é a mellor forma de aprender.
Todo alternando teoría e práctica: porque practicar é a mellor forma de aprender.
Custe de todo o curso: 70€
Podedes anotarvos até o sábado 14 ás 20:00h así que, xa sabedes enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com ou chamade ao 622618535.
Podedes anotarvos até o sábado 14 ás 20:00h así que, xa sabedes enviade un mail a milcoreslugo@gmail.com ou chamade ao 622618535.
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
martes, 20 de decembro de 2016
Boas Festas!
Dende Mil Cores queremos agradecer a confianza depositada en nós para apostar por unha cidade repleta de cor e creatividade e desexarvos unhas moi boas festas de Nadal e un 2017 cheo de ledicia e bós momentos!
Feliz Nadal e feliz 2017!
Etiquetas:
academia,
actividades,
adultos,
arte,
belly painting,
clases,
cortometrajes,
creatividade,
documentales,
fotografía,
Lugo,
niños,
ocio,
pintura,
restauración,
talleres,
videocv
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











