domingo, 19 de maio de 2024
10 de arte, exposición colectiva en O Vello Cárcere de Lugo.
Con motivo do noso décimo aniversario decidimos xuntar a artistas que forman e formaron parte dos nosos talleres para "tomar" un piso de O Vello Cárcere en Lugo. Grazas aos máis de 50 participantes na mostra!
Mil Cores: 10 anos de arte.
Mil Cores é un colectivo artístico e social formado hai 10 anos na cidade de Lugo, con gañas de aportar unha peza máis ao puzzle cultural desta cidade tan heteroxénea.
Artistas das mais diversas idades e estilos se xuntan baixo o paraugas de Mil Cores para expresar a súa visión plástica e social, para intercambiar puntos de vista e experiencias enriquecedoras.
O que reflicte esta exposición non é nin máis nin menos que a sensibilidade de cada un dos individuos que formaron e forman parte do colectivo durante estos primeros 10 anos de existencia.
Esta historia, lonxe de estar finalizada, prepárase para afrontar novos retos e seguir convocando artistas as súas filas.
Vémonos en Ronda das Fontiñas 146.
A continuación parte da reportaxe fotográfica realizada por Viva Lugo:
Mil grazas a todas as participantes, ao Concello de Lugo, ao persoal de O Vello Cárcere e ao magnífico Marcos de Viva Lugo por inmortalizar a inauguración!
FOTOGRAFÍA DIXITAL EN 4 SESIÓNS
INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DIXITAL!! Novo obradoiro en 4 sesións: Coñece a túa cámara - Profundidade de campo - Obturación e sensibilidade - ...

-
Despois das vacacións de verán, xa estamos de volta con tódolos nosos talleres creativos para meniños e maiores.